Traballo con recompensa
Traballo con recompensa
O Perdouro homenaxea ao seu exalumno Álex Landim por lograr o premio ao esforzo e á superación persoal de Educación. O rapaz adicará os cartos a pagar clases particulares
Álex
Landim, na Praza do Concello de Burela. ANTONIO LÓPEZ
Álex
Landim, na Praza do Concello de Burela. ANTONIO LÓPEZ
Miércoles 18 de Enero de 2017 | CRISTINA
LÓPEZ FELIPE | BurelaO instituto Perdouro de
Burela organiza para o vindeiro martes, ás once da mañá na
biblioteca, un acto de homenaxe ao seu exalumno Álex Landim Correia,
un mozo de orixe caboverdiano que chegou á vila no 2014 e que vén
de conseguir o premio ao esforzo e á superación persoal no concurso
convocado pola Consellería de Educación. "Non pensaba que o
podía ganar, o que fixen non foi para tanto, pero estou moi
agradecido polo premio", comenta con humildade o rapaz, que
afirma que adicará os 750 euros que acompañan o galardón a pagar
clases particulares para levar da mellor maneira posible os seus
estudos, que actualmente continúa no IES Monte Castelo, onde fai o
primeiro curso do bacharelato de Artes."Traballei un
pouquiño", comenta Álex, quen recoñece que o que máis lle
custou foi aprender a lingua para relacionarse e estudar aínda que
tivo moi boa acollida por parte dos compañeiros. Segundo lembran
dende o Perdouro, o rapaz "atopouse cun grande desfase no nivel
educativo con referencia aos colegas da súa mesma idade, mais con
medidas de apoio escolares e extraescolares alcanzou o título da Eso
en setembro de 2016" e agora continúa estudando.
Indican
tamén dende o seu primeiro instituto que Álex Landim destacou "polo
esforzo e a superación persoal nos ámbitos académicos e
extraacadémicos" e citan que se involucrou "con moita
responsabilidade" nas categorías inferiores da SD Burela, se
integrou "rapidamente" na asociación Dambara, onde estudou
percusión e gaita, e colaborou en obradoiros de tempo libre por
exemplo coa asociación Karricanta ofrecendo un obradoiro de
manualidades no Mercado do Souto en Cervo. O burelés engade a isto
que tamén ten feito unha exposición de papiroflexia e que toca a
lira, ademais de formar parte da banda Santo Inocencio.
Álex
Landim é un dos 20 mozos que conseguiron este recoñecemento en toda
Galicia polos seus propios méritos de superación e esforzo e
gustaríalle continuar a súa formación para adicarse ao deseño ou
ser pintor artístico, pois recoñece que lle gusta moito todo canto
ten que ver coa arte.
![L’image contient peut-être : 1 personne, sourit](https://scontent.fmad3-1.fna.fbcdn.net/v/t1.0-9/16114983_1019516994820981_2439650363122370827_n.jpg?oh=84a7d3b23f6d919a480b8ca22ef1cd87&oe=59115573)
![L’image contient peut-être : 1 personne](https://scontent.fmad3-1.fna.fbcdn.net/v/t31.0-8/s960x960/16113143_1019517724820908_3608458193492020893_o.jpg?oh=bacb36cc7f6fd9f2e644ec2e48bfc5d3&oe=5904C1AF)
Ningún comentario:
Publicar un comentario