mércores, 25 de agosto de 2021

Alex Landim, compañeiro exemplar

Alex Landim, compañeiro exemplar

O pasado día 24 de xaneiro celebrouse no IES Perdouro un acto dedicado ao exalumno Álex Landim. Grazas ao seu esforzo e dedicación, a Xunta de Galicia outorgoulle un premio en forma de compensación económica.
Álex chegou a Burela no ano 2014. Pouco a pouco, foi conseguindo os obxectivos marcados e hoxe por hoxe está loitando por consolidarse no bacharelato de Artes.
No acto falaron, entre outras persoas: María Xosé Andión, a xefa de estudos do centro; Silvera Vicente de Oliveira, amiga e compañeira de promoción de Álex; e Antonina Semedo, unha das primeiras caboverdianas en chegar á nosa terra.
Eu tamén participei. Para min Álex foi un piar importante cando cheguei ao centro. El encargouse de que non estivese só; acompañoume nos recreos foime presentando moitos compañeiros e compañeiras para que me fose relacionando con máis xente. Desde que o coñecín, nunca máis pasei un recreo só ao lado dunha columna.
O Goberno Galego fíxolle a Álex o recoñecemento de alumno exemplar e estas miñas palabras queren ser tamén outro recoñecemento, neste caso ao de compañeiro exemplar. Creo que Álex debería ser un referente para todos e todas, non só para aqueles caboverdianos que chegaron hai pouco tempo á Mariña.

DIA MUNDIAL DOS OCÉANOS

luns, 13 de xuño de 2016

Para conmerorar o día mundial dos océanos, os rapaces de 4º de ESO , coidaron da nosa ribeira. Un ano máis sumámonos a esta cita mundial da limpeza simultánea das praias. Acompañados por Mª José Cao, monitora de Gaia, e por Óscar García de Coge3, os alumnos limparon o tramo da ribeira dende o porto de Burela ata a igrexa de Coedo. Recolléuse unha cantidade significativa de residuos do litoral: botellas de plástico e de vidro, residuos plásticos varios, restos de cordas, cobos e redes e algún pneumático.
Para rematar a mañá os rapaces ensaiaron o seu equilibrio e a súa axilidade subidos a un monopatín por iniciativa de Óscar. Pasárono moi ben ademais de contribiur ao coidado do noso medio natural.

xoves, 15 de febreiro de 2018

RECORDOS

Álex

Querido Álex: nunca olvidarei o primeiro recordo que teño de tí.  Lembro perfectamente  cando entraches por primera vez na miña aula (xa fai duos anos . ...logo combiáronte de curso aos poucos días).
          O primeiro que pensei foi ..."con ese sorriso vai ter o mundo aos pés". E hoxe sigo pensando o mesmo. Podería destacar moitas cousas de tí, pero si teño que quedarme cá que máis me gusta é con ese sorriso franco e agradecido que nos mostras sempre.
         Logo tiven a sorte de ser a tua profesora de musica, e ahí xa comprobai que tiñas moitos outros talento, como un gran sentido rítmico por exemplo, ou unha grande sensibilidade artística en xeral, pero sobre todo comprobai que a eduación exquisita e o respeto polo demáis eran rasgos contante en tí.
        Polo tanto quero darche as grazas po,o teu esforza, pola túa implicación e por facernos aos teus profesores o traballo tan fácil e gratificante.
       Moitísimas grazas por tanta presenca e tan pouco ruído.
    
      Unha aperta enorme.


Dolores


https://www.youtube.com/watch?v=owuyc3NmQQ8

sábado, 21 de xaneiro de 2017

Traballo con recompensa




Traballo con recompensa

O Perdouro homenaxea ao seu exalumno Álex Landim por lograr o premio ao esforzo e á superación persoal de Educación. O rapaz adicará os cartos a pagar clases particulares

Álex Landim, na Praza do Concello de Burela. ANTONIO LÓPEZ
Álex Landim, na Praza do Concello de Burela. ANTONIO LÓPEZ

Miércoles 18 de Enero de 2017 | CRISTINA LÓPEZ FELIPE | BurelaO instituto Perdouro de Burela organiza para o vindeiro martes, ás once da mañá na biblioteca, un acto de homenaxe ao seu exalumno Álex Landim Correia, un mozo de orixe caboverdiano que chegou á vila no 2014 e que vén de conseguir o premio ao esforzo e á superación persoal no concurso convocado pola Consellería de Educación. "Non pensaba que o podía ganar, o que fixen non foi para tanto, pero estou moi agradecido polo premio", comenta con humildade o rapaz, que afirma que adicará os 750 euros que acompañan o galardón a pagar clases particulares para levar da mellor maneira posible os seus estudos, que actualmente continúa no IES Monte Castelo, onde fai o primeiro curso do bacharelato de Artes."Traballei un pouquiño", comenta Álex, quen recoñece que o que máis lle custou foi aprender a lingua para relacionarse e estudar aínda que tivo moi boa acollida por parte dos compañeiros. Segundo lembran dende o Perdouro, o rapaz "atopouse cun grande desfase no nivel educativo con referencia aos colegas da súa mesma idade, mais con medidas de apoio escolares e extraescolares alcanzou o título da Eso en setembro de 2016" e agora continúa estudando. Indican tamén dende o seu primeiro instituto que Álex Landim destacou "polo esforzo e a superación persoal nos ámbitos académicos e extraacadémicos" e citan que se involucrou "con moita responsabilidade" nas categorías inferiores da SD Burela, se integrou "rapidamente" na asociación Dambara, onde estudou percusión e gaita, e colaborou en obradoiros de tempo libre por exemplo coa asociación Karricanta ofrecendo un obradoiro de manualidades no Mercado do Souto en Cervo. O burelés engade a isto que tamén ten feito unha exposición de papiroflexia e que toca a lira, ademais de formar parte da banda Santo Inocencio. Álex Landim é un dos 20 mozos que conseguiron este recoñecemento en toda Galicia polos seus propios méritos de superación e esforzo e gustaríalle continuar a súa formación para adicarse ao deseño ou ser pintor artístico, pois recoñece que lle gusta moito todo canto ten que ver coa arte.

L’image contient peut-être : 1 personne, sourit



L’image contient peut-être : 1 personne

luns, 20 de xuño de 2016

Mercado do Souto, en Cervo: Modelo de boas prácticas

12/06/16

Mercado do Souto, en Cervo: Modelo de boas prácticas


Unha convocatoria moi fácil de lembrar. Celébrase dúas veces por mes: os domingos da segunda e cuarta semanas. Durante o inverno, estase a cuberto nun pavillón, sen preocupación por se chove ou fai vento. Na primavera saése ao exterior, á Praza do Souto, xusto no corazón da vila, e o mercado é punto de encontro de quen vai vender, de quen vai comprar, de quen vai ver o ambiente e mesmo de quen pasaba por alí ocasionalmente.
A iniciativa da Asociación Karricanta é un auténtico modelo de boas prácticas. O modelo do que hai que facer. Por cima de todo, os mercados deste tipo son beneficiosos para as persoas que acudimos como clientas, porque alí están os produtos de máxima calidade, con orixe moi localizada e moi próxima, sen conservantes químicos (que non necesitan para nada) e, ademais, ofrecidos a uns prezos xustos. Mais o beneficio é recíproco, porque o mercado de proximidade favorece o sector primario, non só polo que comercien nese momento senón porque serve de escaparate dos produtos e propicia a identificación das persoas que os teñen á venda. Non se trata só de comprar nese momento concreto, senón de coñecer a oferta e de saber a onde ir, no momento en que nos sexa necesario.
Neste contexto de modelo a seguir, celebrouse unha actividade de grandísimo valor. Referímonos ao obradoiro "Creando con papeis", unha actividade coordinada por Álex Landim, un adolescente que combina os estudos coa dedicación a traballos ocasionais cos que contribúe é economía familiar. 

Ás once e media da mañá reuniunos arredor de dúas mesiñas de plástico, saudounos, presentouse, deunos catro instrucións e púxonos a colaborar. Como a actividade nos resultaba gratificante, a maior parte das persoas que se aproximaban para ver xa se implicaban e desa maneira pasamos de media ducia a unha ducia e dunha ducia a dúas. Había alevíns e alevinas, benxamíns e benxaminas, cadetes e cadetas, e xuvenís, e plenitudes e mesmo diferentes categorias de "senionrs". O caso é que primeiro observamos e despois practicamos. E démoslle ao palique e acabamos facendo amizades.
E o máis importante: a iniciativa foi moi boa para o emisor e para a comunidade destinataria. Fixemos integración. A auténtica, por ser bidireccional. Aprendemos, pasámolo ben e contribuímos a dar visualización a unha comunidade que leva moitos anos estando presente de xeito decorativo.
En resumo: moitas grazas, Karricanta! Fixestes o que había que facer. Agora hai que continuar.

Visita dos profesores do Perdouro á exposición

O profesorado do Instituto Perdouro tamén pasou polo ArMarinho da Fátima para visitar a exposición. Polas expresións faciais que se observan, parece que experimentaron con grande alegría a facer as miñas creacións.


 


xoves, 16 de xuño de 2016

Visita dos compañeiros de clase a exposición

Durante os días que estivo aberta ao público, a exposición do ArMarinho da Fátima recibiu numerosas visitas, entre elas as de compañeiras e compañeiros. Estas visitas fixéronme moita ilusión. Que valoren o traballo dun sempre é importante. Mais, cando o fan amigos e amigas, aínda o é máis.




Entrevista no Progreso A Mariña

Entrevista no Progreso A Mariña (03/06/2016)



mércores, 15 de xuño de 2016

O ArMarinho da Fátima acolle a exposición artística do caboverdiano Álex Landim



O ArMarinho da Fátima acolle a exposición artística do caboverdiano Álex Landim

23-05-16 O local da mercearía “O ArMarinho da Fátima”, en continuidade coa colaboración que vimos mantendo con diferentes entidades sociais sen ánimo lucrativo, acolle ás 19.30 horas deste luns 23 de maio a inauguración dunha exposición de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe por Álex Landim Correia.
Nacido na localidade da Calheta de São Miguel, na illa caboverdiana de Santiago, Álex Ladim Correia (31-08-1997) chegou a Burela no mes de setembro de 2014 e matriculouse no terceiro curso de ESO no IES Perdouro, desde onde iniciou un proceso de integración exemplar. Neste momento, ademais de traballar na súa propia obra de manualidades, combina os estudos do último curso de ESO coa dedicación á música, dentro da Banda Dambara de Burela, e ao deporte (está disputando a última fase da liga de ascenso á División de Honra coa S.D. Porto de Burela na liga de fútbol xuvenil).
A exposición estará aberta desde o 23 de maio ao día 10 de xuño e poderá ser visitada durante o horario comercial (de luns a venres, durante a mañá e a tarde; e os sábados só polas mañás).