Creacións

Aquí podedes observar algunhas das miñas creacións:


 
Esta é a primera das miñas creacións. Fíxena no ano 2015. Mentres pensaba na miña Terra e na miña familia, tiven a idea de facer algúns obxectos con papel iguais aos que facía na miña Terra.
 

Cando fixen este cisne, utilicei 160 pezas de cartolina e un pouco de pegamento.  A base está feita cun anaco do cartón dunha caixa de zapatos.


 Aquí están as pezas de cartulina coas que fago os obxectos. Esas peciñas teñen que ser encaixadas unha sobre outra para chegar a formaren unha figura.





 A cisne da dereita fíxeno para regalar a unha persoa amiga. Quixen agradecer así todo o que fixo por min e polos meus compañeiros. O agradecemento esténdese tamén as estas palabras: "Moitas grazas por todo, .................".




Este fíxeno para demostrar ao público que a miña obra artística vai mellorando.




 O peixe é unha homenaxe á interculturalidade. Un símbolo de integración, entendida como o resultado dun dobre esforzo.



A bandeira da miña Terra é o símbolo do meu querido e amado país.



Se queredes ver máis creacións miñas, poñédevos en contacto comigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario