luns, 20 de xuño de 2016

Mercado do Souto, en Cervo: Modelo de boas prácticas

12/06/16

Mercado do Souto, en Cervo: Modelo de boas prácticas


Unha convocatoria moi fácil de lembrar. Celébrase dúas veces por mes: os domingos da segunda e cuarta semanas. Durante o inverno, estase a cuberto nun pavillón, sen preocupación por se chove ou fai vento. Na primavera saése ao exterior, á Praza do Souto, xusto no corazón da vila, e o mercado é punto de encontro de quen vai vender, de quen vai comprar, de quen vai ver o ambiente e mesmo de quen pasaba por alí ocasionalmente.
A iniciativa da Asociación Karricanta é un auténtico modelo de boas prácticas. O modelo do que hai que facer. Por cima de todo, os mercados deste tipo son beneficiosos para as persoas que acudimos como clientas, porque alí están os produtos de máxima calidade, con orixe moi localizada e moi próxima, sen conservantes químicos (que non necesitan para nada) e, ademais, ofrecidos a uns prezos xustos. Mais o beneficio é recíproco, porque o mercado de proximidade favorece o sector primario, non só polo que comercien nese momento senón porque serve de escaparate dos produtos e propicia a identificación das persoas que os teñen á venda. Non se trata só de comprar nese momento concreto, senón de coñecer a oferta e de saber a onde ir, no momento en que nos sexa necesario.
Neste contexto de modelo a seguir, celebrouse unha actividade de grandísimo valor. Referímonos ao obradoiro "Creando con papeis", unha actividade coordinada por Álex Landim, un adolescente que combina os estudos coa dedicación a traballos ocasionais cos que contribúe é economía familiar. 

Ás once e media da mañá reuniunos arredor de dúas mesiñas de plástico, saudounos, presentouse, deunos catro instrucións e púxonos a colaborar. Como a actividade nos resultaba gratificante, a maior parte das persoas que se aproximaban para ver xa se implicaban e desa maneira pasamos de media ducia a unha ducia e dunha ducia a dúas. Había alevíns e alevinas, benxamíns e benxaminas, cadetes e cadetas, e xuvenís, e plenitudes e mesmo diferentes categorias de "senionrs". O caso é que primeiro observamos e despois practicamos. E démoslle ao palique e acabamos facendo amizades.
E o máis importante: a iniciativa foi moi boa para o emisor e para a comunidade destinataria. Fixemos integración. A auténtica, por ser bidireccional. Aprendemos, pasámolo ben e contribuímos a dar visualización a unha comunidade que leva moitos anos estando presente de xeito decorativo.
En resumo: moitas grazas, Karricanta! Fixestes o que había que facer. Agora hai que continuar.

Visita dos profesores do Perdouro á exposición

O profesorado do Instituto Perdouro tamén pasou polo ArMarinho da Fátima para visitar a exposición. Polas expresións faciais que se observan, parece que experimentaron con grande alegría a facer as miñas creacións.


 


xoves, 16 de xuño de 2016

Visita dos compañeiros de clase a exposición

Durante os días que estivo aberta ao público, a exposición do ArMarinho da Fátima recibiu numerosas visitas, entre elas as de compañeiras e compañeiros. Estas visitas fixéronme moita ilusión. Que valoren o traballo dun sempre é importante. Mais, cando o fan amigos e amigas, aínda o é máis.




Entrevista no Progreso A Mariña

Entrevista no Progreso A Mariña (03/06/2016)



mércores, 15 de xuño de 2016

O ArMarinho da Fátima acolle a exposición artística do caboverdiano Álex Landim



O ArMarinho da Fátima acolle a exposición artística do caboverdiano Álex Landim

23-05-16 O local da mercearía “O ArMarinho da Fátima”, en continuidade coa colaboración que vimos mantendo con diferentes entidades sociais sen ánimo lucrativo, acolle ás 19.30 horas deste luns 23 de maio a inauguración dunha exposición de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe por Álex Landim Correia.
Nacido na localidade da Calheta de São Miguel, na illa caboverdiana de Santiago, Álex Ladim Correia (31-08-1997) chegou a Burela no mes de setembro de 2014 e matriculouse no terceiro curso de ESO no IES Perdouro, desde onde iniciou un proceso de integración exemplar. Neste momento, ademais de traballar na súa propia obra de manualidades, combina os estudos do último curso de ESO coa dedicación á música, dentro da Banda Dambara de Burela, e ao deporte (está disputando a última fase da liga de ascenso á División de Honra coa S.D. Porto de Burela na liga de fútbol xuvenil).
A exposición estará aberta desde o 23 de maio ao día 10 de xuño e poderá ser visitada durante o horario comercial (de luns a venres, durante a mañá e a tarde; e os sábados só polas mañás).