mércores, 15 de xuño de 2016

O ArMarinho da Fátima acolle a exposición artística do caboverdiano Álex Landim



O ArMarinho da Fátima acolle a exposición artística do caboverdiano Álex Landim

23-05-16 O local da mercearía “O ArMarinho da Fátima”, en continuidade coa colaboración que vimos mantendo con diferentes entidades sociais sen ánimo lucrativo, acolle ás 19.30 horas deste luns 23 de maio a inauguración dunha exposición de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe por Álex Landim Correia.
Nacido na localidade da Calheta de São Miguel, na illa caboverdiana de Santiago, Álex Ladim Correia (31-08-1997) chegou a Burela no mes de setembro de 2014 e matriculouse no terceiro curso de ESO no IES Perdouro, desde onde iniciou un proceso de integración exemplar. Neste momento, ademais de traballar na súa propia obra de manualidades, combina os estudos do último curso de ESO coa dedicación á música, dentro da Banda Dambara de Burela, e ao deporte (está disputando a última fase da liga de ascenso á División de Honra coa S.D. Porto de Burela na liga de fútbol xuvenil).
A exposición estará aberta desde o 23 de maio ao día 10 de xuño e poderá ser visitada durante o horario comercial (de luns a venres, durante a mañá e a tarde; e os sábados só polas mañás).

Ningún comentario:

Publicar un comentario