sábado, 21 de xaneiro de 2017

Traballo con recompensa




Traballo con recompensa

O Perdouro homenaxea ao seu exalumno Álex Landim por lograr o premio ao esforzo e á superación persoal de Educación. O rapaz adicará os cartos a pagar clases particulares

Álex Landim, na Praza do Concello de Burela. ANTONIO LÓPEZ
Álex Landim, na Praza do Concello de Burela. ANTONIO LÓPEZ

Miércoles 18 de Enero de 2017 | CRISTINA LÓPEZ FELIPE | BurelaO instituto Perdouro de Burela organiza para o vindeiro martes, ás once da mañá na biblioteca, un acto de homenaxe ao seu exalumno Álex Landim Correia, un mozo de orixe caboverdiano que chegou á vila no 2014 e que vén de conseguir o premio ao esforzo e á superación persoal no concurso convocado pola Consellería de Educación. "Non pensaba que o podía ganar, o que fixen non foi para tanto, pero estou moi agradecido polo premio", comenta con humildade o rapaz, que afirma que adicará os 750 euros que acompañan o galardón a pagar clases particulares para levar da mellor maneira posible os seus estudos, que actualmente continúa no IES Monte Castelo, onde fai o primeiro curso do bacharelato de Artes."Traballei un pouquiño", comenta Álex, quen recoñece que o que máis lle custou foi aprender a lingua para relacionarse e estudar aínda que tivo moi boa acollida por parte dos compañeiros. Segundo lembran dende o Perdouro, o rapaz "atopouse cun grande desfase no nivel educativo con referencia aos colegas da súa mesma idade, mais con medidas de apoio escolares e extraescolares alcanzou o título da Eso en setembro de 2016" e agora continúa estudando. Indican tamén dende o seu primeiro instituto que Álex Landim destacou "polo esforzo e a superación persoal nos ámbitos académicos e extraacadémicos" e citan que se involucrou "con moita responsabilidade" nas categorías inferiores da SD Burela, se integrou "rapidamente" na asociación Dambara, onde estudou percusión e gaita, e colaborou en obradoiros de tempo libre por exemplo coa asociación Karricanta ofrecendo un obradoiro de manualidades no Mercado do Souto en Cervo. O burelés engade a isto que tamén ten feito unha exposición de papiroflexia e que toca a lira, ademais de formar parte da banda Santo Inocencio. Álex Landim é un dos 20 mozos que conseguiron este recoñecemento en toda Galicia polos seus propios méritos de superación e esforzo e gustaríalle continuar a súa formación para adicarse ao deseño ou ser pintor artístico, pois recoñece que lle gusta moito todo canto ten que ver coa arte.

L’image contient peut-être : 1 personne, sourit



L’image contient peut-être : 1 personne