Música

ÁLEX LANDIM CORREIA

O PRIMEIRO DÍA EN DAMBARA


O meu primero día en Dambara foi especial, porque tiña nervos e estaba moi ansioso por aprender.
Cando comezamos, eu era incapaz de aprender as notas musicais. O meu amigo Lavilson tampouco o conseguía; non se lle daba ben porque ten as mans grandes. 
O meu profesor de música Rodrigo animounos moito. Sempre nos repetía: “iso é normal; pasounos a todos. Tendes que practicar máis veces”. Desta maneira, aprender a tocar as primeiras notas foi algo divertido.
No primeiro día aprendemos unha parte dunha canción con Rodrigo. Foi algo incríbel: o ambiente encantador, as primeiras notas e un pouco dunha peza!!
Á hora de irnos, eu non quería porque alí estábase ben, mais chegara a hora de ensaiaren os outros. 
De camiño a casa, non paraba de tararear a miña primeira canción: Pastoriza.




 
 2015-2016



PASTORIZA
ÁLEX LANDIM CORREIA Álex Landim nunha das Illas de Gres, nunha xornada de visita á Fundación Neira Vilas O PRIMEIRO DÍA EN DAMBARA O meu primero día en Dambara foi especial, porque tiña nervos e estaba moi ansioso por aprender. Cando comezamos, eu era incap...
Álex Landim nas Illas de Gres, durante unha xornada de visita á Fundación Neira Vilas




Na tarde do 27 de maio de 2015 emitimos o programa 128, producido por Noelia Parga Gaitica e Álex Landim Correia.
A cooperativa de comunicación comezou conversando con Rodrigo López, director musical da Escola de Gaitas de Ortigueira e profesor de música na Asociación Dambara de Burela. Co Maestro da música tradicional falamos sobre a súa participación na celebración do San Patricio en Nova Iorque e sobre o traballo didáctico da Escola de Gaitas de Ortigueira que se converteu nunha institución de referencia na música tradicional pouco despois de ser fundada por Xavier Garrote. A seguir falamos da experiencia en Dambara e centrámonos na progresión de Álex Landim, que chegou a Burela e rapidamente se interesou pola música tradicional da nosa terra. O gaiteiro incipiente interpretounos unha peza en vivo e en directo.
No estudio de Radio Burela acompañábanos Laura del Río Quiroga, profesora de Formación e Orientación Laboral. Seguindo as indicacións de Noelia Parga, Maka Ledo conduciu a conversa que xirou arredor de dous temas: o seu traballo no sector hostaleiro no Reino Unido e en Irlanda xusto despois da licenciatura en Ciencia Política; e o retorno ao Estado Español para traballar na cooperación para o desenvolvemento. Durante a tertulia, a través da liña telefónica recollemos os comentarios do farmacéutico Xosé María Torres, que presidiu durante varios anos a organización Farmacéuticos do Mundo.
Nos minutos finais, Txerra Rodríguez presentounos o programa de actividades do Encontro Galizaleak, que durante dous días reúne en Bilbao axentes culturais de ambas as nacións.


FELIZ RESULTADO DUN DOBRE ESFORZO



A integración é o resultado dun dobre esforzo: dunha comunidade por acoller e por entender os costumes de quen chega; doutra comunidade por asentar os pés na terra e por tomar a iniciativa para favorecer a convivencia.
Quen nos poden falar diso con moito coñecemento de causa son Albano González Cancio e todas e cada unha das persoas que participan na Asociación Dambara (as que participan na docencia e as que asisten aos ensaios e despois participan na banda). Entre esas persoas saben moitísimo dese dobre esforzo Álex Landim Correia e Marcelo e Doroteia Tavares Correia.
No mes de maio pasado publicábamos un escrito en que o propio Álex L. Correia nos comentaba as súas vivencias da primeira sesión de ensaio en Dambara. Agora, menos dun ano despois, as mostras dos resultados son inequívocas. O dobre esforzo mereceu a pena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario